Friday 03 de May de 2024

Medallas de ouro e bronce para os cadetes do Boudsport no XI Campionato ‘The Masters-Ayto. de Basauri’


OÉxito dos taekwondistas ordenses no XI Open de Basauri 2018, no que participaron os equipos de Madrid, Cataluña, Navarra, Galicia e Euskadi. Os tres integrantes do Club Boudsport convocados pola selección galega cadete para disputar o campionato por seleccións autonómicas máis importante de España non defraudaron e conseguiron subir ao podio. Mateo Boudjenane Liñares obtivo a medalla de ouro (-41), mentres que Sara Soneira Balado e Olaya Blanco Sánchez acadaron as de bronce (-47 e -55 respectivamente).